C/ Curros Enríquez nº1, Plta. 8
32003 Ourense
T: 988 51 01 91
F: 988 51 01 89
Email: xestur@xesturourense.com


Benvido a Web de Xestur Ourense.

Na nosa Web poderá atopar unha ampla información sobre tódalas actuacións tanto acabadas, coma en execución ou de futuro desenvolvemento de Xestur Ourense.

Xestur Ourense S.A. leva a cabo unha tarefa tan complexa como é a xestión de solo, atendendo a todos e cada un dos procedementos que  isto supón - a localización das zonas de desenvolvemento, a urbanización e venda destas unha vez finalizadas, os traballos técnicos de planeamento, expedientes de expropiación, de taxación conxunta, de ocupación directa, etc.

Ademais, dende xaneiro de 2008, en colaboración co Ministerio de Vivenda e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas desenvolve o Programa de Renda Básica de Emancipación para Xoves na Provincia de Ourense.

Xestur desenvolve dende abril de 2008 os Traballos Técnicos dos Programas de Axudas á Rehabilitación e o Programa de Información ao Público en Materia de Axudas e Outras Cuestións Relativas á Rehabilitación de Edificacións que lles corresponden á Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Consellería de Vivenda e Solo.

Todos estes traballos serían imposibles sen o apoio decidido da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da Consellería de Economía e Facenda e da Deputación Provincial de Ourense, que compoñen o capital social, e sen esquecer o esforzo e a profesionalidade do equipo humano que compón Xestur Ourense S.A.

 


Apertura do prazo de venda de parcelas no P.E. Pereiro de Aguiar 
12/04/2010 
sigue
  CONCURSO VENDA PARCELA EQUIPAMENTO PRIVADO NO P.E. DE VILAMARIN
sigue
  Concurso de vendas PARQUE EMPRESARIAL PEREIRO DE AGUIAR POLIGONO ºB
sigue
Ver todos
© 2008 Xestión Urbanística Ourense S.A. - Tódolos dereitos reservados | Aviso Legal